Xa estaremos todas e todos bastante impacientes pola pronta chegada da nosa festa máis querida, seguramente estamos pensando ou xa temos na cabeza os disfraces e traxes que vamos a poñer e a planificación de tódolos días incluíndo os sábados e domingos anteriores ao Entroido propiamente dito.
Como sabedes, temos o ciclo do Entroido máis grande do mundo!!! (bueno, o mundo e moi grande e nunca se sabe...) e o Entroido de Xinzo sempre foi: Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e enterro da Sardiña, pero co paso do tempo fóronse recuperando antigas tradicións e como non, inventando outras novas. Este ano como grán novidade o noso Concello anuncia os pre domingos, algo que xa vimos celebrando, aínda que de forma non tan oficial dende fai uns cantos anos.
O sábado anterior ao Fareleiro ao igual que o ano pasado e dende a Praza de Carlos Casares onde está situada a conta atrás para o Entroido, teremos o Petardazo. Alí estará máis dun dando o pistoletazo de saída, o ano pasado recordo que había uns cantos centos de persoas acompañados de Xituma Batuke e descorchando botellas de cava como nota simpática.
Como novidade moi importante para o nosa tradición é que o sábado anterior ao Oleiro, que ata o de agora non había ningun evento entroideiro organizado, dedicamos esa noitiña este ano ao Meco. A procesíon do Meco representa o Entroido máis tradicional por eso convidamos a tódolas persoas e colectivos da vila a que veñades vestidos con roupas tradicionais, rurais, con aperos do campo ou elementos que fagan estrondo, nos como asociación cultural A Pantalla encargarémonos do carro para levar ao individuo, dos fachos e dos persoaxes típicos que saen tódolos anos na procesión. Coma sempre se sairá do Museo Galego do Entroido e chegarase á Praza Maior onde colgaremos oa Meco ben arriba para que pase toda a festa vixiando o noso comportamento.
O seguinte sábado correspondente ao anterior do Corredoiro e como ven sendo habitual dende xa fai bastantes anos será a Noite dedicada ás Mulleres, as asociacións, grupos ou pandillas reuniranse en restaurantes ou nos seus propios baixos preparando abundantes comidas para recibir ao entroido como se merece, eso si recordade que é unha noite fémina, se non eres muller non se che ocorra sair ou xa sabes o que che espera.
A seguinte novedade deste ano é que o sábado propiamente de Entroido se organizase unha gran batucada con profusión de instrumentos de percusión e que lle chaman Batentroido, non hai ata o de agora moita información ao respeto pero xa nos imaxinamos en que consiste.
Amplíase a oferta festeira no Entroido de Xinzo a estes pre domingos, que cada quen escolla o que máis lle convenza e a disfrutalos que so faltan un par de semanas para o Petardazo!
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada