miércoles 25 de enero de 2012

O cartel do Entroido 2012

Xa se escolleu o cartel que representará ao Entroido de Xinzo de Limia neste ano 2012, parabens ao gañador do concurso José Manuel Formoso Gómez. O cartel destaca polo seus tonos ocres e o slogan "un sentimento" que expresa o que significa poñer o traxe de Pantalla, tamén destaca a boa colocación de tódalas datas do Entroido nunha columna vertical, que dado a cantidade de elementos non era doado.

Participaron no concurso máis de vinte carteis que inda se poden ver expostos na Casa de Cultura da vila.