miércoles 19 de enero de 2011

Cartel entroido 2011

Nesta ocasión presentáronse ao concurso para a realización do cartel do Entroido de Xinzo de Limia do ano 2011 mais de trinta propostas, todas elas ineditas. A data de presentación dos carteis rematou o pasado 15 de xaneiro e pódense ver expostos na casa de Cultura da vila.



A estas alturas xa se sabe cal foi o cartel elexido polo xurado, o realizado por Paula Bañobre de 19 anos e veciña de Xinzo, esta estudante de Comunicación Audiovisual quería facer un cartel no que a gran protagonista fose a Pantalla e que expresara movemento, ruido e o ambiente festivo do Entroido.



Dende a asociación cultural A Pantalla dámoslle a nosa mais sincera noraboa a Paula e agardamos que tódolos anos axa unha grande participación neste concurso que lle dá maior relevancia ao noso Entroido.