martes 17 de febrero de 2009

Entroido 2009



Xa está eiqui, xa chegou o entroido de Xinzo!!!

martes 10 de febrero de 2009

Corredoiro 2009



O ciclo do Entroido continua na Limia, este vindeiro fin de semana é Corredoiro, este ano con moitas novidades importantes. Trasládase ao sabado a procesión e posterior aforcamento do Meco. O percorrido polas rúas do casco vello comezará sobre as 19:00 horas na praza de Oriente, rematando na praza Maior. Todo este tempo o Meco irá acompañado polos membros da Asociación Cultural A Pantalla e tódolos colectivos da vila que desexen participar. Non é preciso decir que todo o mundo ten que vir disfrazado, a ser posible con traxes vellos ou antigos.

Como ven sendo habitual xa dende fai unha chea de anos esta mesma noite do sábado as Feminas terán a súa cea anual de Entroido (que peligro), moito coidadiño os machos que saian esa noite...

O domingo pola mañá están convocadas tódalas Pantallas (que se sintan Pantalla) a unha xuntanza na praza Maior sobre as 12 da mañá. Si lle tes un gran respeto a este traxe acude a xuntanza, cantos mais sexamos mellor. Pola tarde, a eso das 17:30 haberá os “Xogos do Entroido” na praza Maior. Todo este día estará amenizado por duas charangas, Escachapeitos e Apeles, a música e a troula non van faltar, e coma sempre todo o pobo xa sairá disfrazado a rúa como preambulo dos días grandes de Entroido que nos esperan.

Intentaremos actualizar os datos e horarios o longo desta semana.

martes 3 de febrero de 2009

Oleiro 2009



Como todos e todas sabemos, despois do Fareleiro ven o... Oleiro. Eiqui xa non fai falla que vaiamos todos protexidos con gafas, monos, gorros, etc... o vindeiro domingo día 8 xa podemos disfrazarnos do que mais nos guste e ir a Praza Maior e o Barrio de Abaixo a ver como os mozos mais valentes se tiran as olas uns a outros. Todos disfrutaremos moito vendo o Xogo das Olas, e esperemos que ninguen se rompa a crisma.

martes 27 de enero de 2009

Fareleiro 2009



Si si si, este domingo día 1 de febreiro comeza o Entroido en Xinzo. Esperemos que o tempo acompañe algo, sinon a mezcla da fariña e auga vainos poñer bonitos...

viernes 2 de enero de 2009

Xa temos cartel!!!



O Concello de Xinzo de Limia xá escolleu cartel para o Entroido deste ano 2009.

Despois de estar expostos na Casa da Cultura da vila mais dunha ducia de carteis participantes no concurso, para que os veciños os viran e deran a sua opinion sobre eles, a principios de decembro o Concello de Xinzo fixo a súa elección, que seguramente como tódolos anos non será a gusto de todos (eso é imposible), pero o que é innegable e que o cartel deste ano ten unha grande vistosidade como indicou o Concelleiro de Cultura.

Noraboa ós dous limians gañadores: Pablo Ojea Cerradelo e Joanna Busmail Casanova.

viernes 1 de febrero de 2008

Entroidoooooooooooooooo



Despois do Fareleiro, Oleiro e Corredoiro, xá está eiqui a máis grande de tódalas festas: O Entroido. Quédanos por diante moitos días de troula, alegria, bo humor, charangas, carrozas, Pantallas (e espantallos por desgracia) e todo o que caracteriza o noso Entroido.

Pasaino o mellor posible respetando os demais, Viva o Entroido de Xinzo!!!

miércoles 23 de enero de 2008

Domingo Corredoiro

Xa estamos no Corredoiro. E este ano con unha novidade moi importante como é, a primeira gran xuntanza de Pantallas, que como vistes na anterior entrada esta convocada para o domingo sobre as 12 da mañá na praza maior.

Con pouco tempo para descansar, a primeira hora da tarde, sobre as 17:30, o xogo da cucaña tamén na praza. Entorno as 19:00, e como en anteriores anos, celebraráse o percorrido polo casco vello e posterior aforcamento do Meco. Preténdese xuntar o maior número de persoas posible, para elo convidamos a outros colectivos e asociacións da Vila para facer este acto máis maioritario. Non é preciso decir que todo o mundo ten que vir disfrazado, a ser posible con capuchóns clásicos ou traxes dos anos 20 e 30.

Tódolos actos deste día estarán amenizados por varias charangas, a música alegre non vai faltar.

Viva o Entroido de Xinzo!!!

lunes 21 de enero de 2008

Concentración de Pantallas



Este domingo que ven (Corredoiro) a Asociación Cultural A Pantalla organiza a primeira gran concentración de Pantallas. Si te sintes Pantalla e lle tes un gran respeto a este traxe acude a xuntanza xa que vai ser un momento histórico.

A xuntanza terá lugar o domingo 27 ás 12 da mañá na Praza Maior.
Pinchando no título pódese ver o cartel que anuncia o evento.

lunes 14 de enero de 2008

Domingo Oleiro


Unha semana despois do Domingo Fareleiro ven o? ... Oleiro, ben, xa vexo que o sabedes todos moi ben, ainda que eu en Compostela teño que contestar tódolos anos ás mesmas cuestións: "este domingo que toca, lo de la harina o lo de las hormigas?" en fin...

Esperemos que nos acompañe máis o tempo que o domingo pasado, polo menos que non chova, aínda que como di "xe" no chat: a climatoloxía non pode con nos. Alí estaremos na praza coma tódolos anos as cinco da tarde esperando a que chegue o burro do gitano cargadiño de olas de Niñodaguia.

Alí nos veremos, Viva o Entroido de Xinzo!!!

Xornadas de Entroido



A Asociación Cultural A Pantalla organiza as "Xornadas de Entroido 2008" en Xinzo de Limia.
Estas xornadas consistirán nunha charla-coloquio na que intervirán: Federíco Cocho, Alfonso Villarino e Miro Martínez. Cada un deles dará unha pequena conferencia o final das cales haberá un momento de coloquio no que todolos participantes e asistentes á conferencia poderán reflexar as súas opinións ou dúbidas. 

Paralelamente á conferencia, inaugurarase a exposición "A Maxia do Entroido". Unha exposición fotográfica de gran formato que expresan o sentimento máxico do que significa levar posto o traxe de Pantalla.

Ámbolos dous acontecementos terán lugar na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o día 18 de xaneiro ás 20:00 horas. Pinchando no título pódese ver o cartel completo.